Educación

Un espazo dedicado a pensar e activar a educación como práctica contemporánea. Desde o cruzamento entre arte, migración e pensamento anticolonial, propoñemos marcos e procesos educativos que conectan museos, aulas e contextos culturais coas realidades sociais do presente.

A proposta educativa articúlase a través de tres itinerarios dirixidos a docentes, mediadoras e mediadores culturais e estudantes de arte. Estruturamos cada itinerario a partir das preguntas por que, para que e como, desde as que ofrecemos ferramentas, recursos e procesos de traballo adaptados a cada contexto.